Thursday 19 de September de 2024

O Concello de Camariñas reforza a limpeza nos supermercados


O persoal do servizo de limpeza dos edificios municipais está a axudar nas tarefas de desinfección.
O Concello de Camariñas reforzou desde esta semana os traballos de
limpeza e desinfección en todos os supermercados do municipio.
Faino ao trasladar ao persoal do servizo de limpeza que se ocupaba
dos edificios municipais.
Así, o persoal de limpeza que estaba traballando nos centros
educativos, pavillóns, mercado e cemiterio continúa agora a súa labor
apoiando aos operarios municipais desinfectando e limpando as
entradas dos establecementos de acceso público (supermercados,
panadarías, farmacias, estancos, gasolineira…) e tamén os vehículos
municipais e o almacén.
A alcaldesa, Sandra Insua, explicou que “este reforzo permite
mellorar as tarefas de desinfección e, ademais, fai que aproveitemos
a todo o persoal dispoñible xa que, como é obvio, agora os edificios
municipais están pechados”.